Skip to content

a nosa historia…

10 anos de historia e momentos compartidos… aquí solo enseñamos os bos, pero tamén os hai menos bos… jajajaja.

Coñecémonos en Vedra (na Metro). Ale era camarera e Toño bebía Barceló con cocacola cero. Despois duns meses falando 24 horas ó día por whatsapp comezamos unha relación, en marzo de 2013. Tardamos en presentar ás familias 3 anos pero a relación foi seria desde o primeiro momento, soliamos salir a cenar á Senra e ir o cine a Santiago. Viaxamos por casi toda España y tamén a algún lugar do extranxeiro, e cando levabamos 4 anos xuntos marchamos a vivir e traballar a Madrid.

Chegar a Madrid foi complicado, comezamos vivindo nunha casa que parecía un garaxe en Alcobendas. Non tiñamos apenas amigos e o inicio da convivencia tivo os seus máis e os seus menos. Despois de dúas mudanzas máis compramos e reformamos o noso propio piso, chegou Xesta, consolidámonos no traballo e fixemos amigos. E sobre todo, fortalecemos a nosa relación.

Cando miramos ó futuro solo pedimos máis do que xa levamos vivido, comprensión, compañía, diversión, superación e miles de vivencias compartidas.

As seguintes fotos representan algúns dos nosos momentos más importantes: os aniversarios, os viaxes, a chegada do noso afillado, a compra da casa, os éxitos laborales, a nova vida en Madrid e, en definitiva, a nosa felicidade xuntos.

¡ Esperámoste !

Sábado, 05 de Agosto, 2023

13.00 horas