Skip to content

info de interés sobre a voda

Aquí atoparás toda a información relativa ó día da voda. Pouco a pouco irase actualizando. E se tes calquera duda xa sabes que podes contactarnos!

A voda celebrarase no Pazo do Tambre, un pazo señorial do S. XIX con unha finca de 200.000 metros cuadrados con xardíns, bosques, fontes naturales, lagos, estanques e un embarcadoiro á beira do río Tambre. Un enclave natural situado a tan solo 30 minutos de Santiago de Compostela.

Non hai ningún tipo de restricción nin obligación de vestimenta, o que queremos é que veñas cómoda/o. O recinto ten un suelo empedrado e zonas de césped polo que recomendamos calzado cómodo que permita camiñar e bailar sen límites. Non se pode predecir o clima, pero recomendamos a “chaqueta de por se acaso” típica galega.

Contaremos cun autobús de Autocares Mougán para a xente que o solicitou e que fará un recorrido coas seguintes paradas nos seguintes horarios:

  • A Estrada – PRAZA DO CONCELLO
    • Saída ás 11.00 horas
  • Sarandón – CRUCE DE SARANDÓN
    • Saída ás 11.20 horas
  • A SUSANA (FRENTE A FARMACIA)
    • Saída ás 11.30 horas
  • Santiago de Compostela – GASOLINERA DO CASTIÑEIRIÑO (EN FRENDE DO CORTE INGLÉS)
    • Saída ás 11.50 horas

A hora de chegada ó Pazo será cerca das 13.00 horas que será cando de comezo a ceremonia.

Para a volta o itinerario serán as mismas paradas nos seguintes horarios:

  • 22.00 horas
  • 01.00 horas ( da madrugada)

¡ Esperámoste !

Sábado, 05 de Agosto, 2023

13.00 horas